Esta semana hai libros para todas as idades e para todos os gustos.
Temos libros para saber cociñar, plantar, coñecer as letras, escoitar instrumentos ou para pasar un apaixoante rato descubrindo novas aventuras.
Esta semana hai libros para todas as idades e para todos os gustos.
Temos libros para saber cociñar, plantar, coñecer as letras, escoitar instrumentos ou para pasar un apaixoante rato descubrindo novas aventuras.
Hoxe, Lucía e Nico de 3º de Educación Primaria presentan dúas adquisicións recentes da biblioteca. Nicolás fala dun libro que xa leu da colección "Moon girl". Cóntovos unha cousiña? Gustoulle tanto que xa está lendo o segundo libro!
Lucía, por outra parte, é a encargada de presentar un libro que sairá pronto no que podedes ler para coñecer os instrumentos musicais e escoitalos. Atentos porque sairá pronto. Ela xa pediu poder levalo!
O pasado venres día 5 de marzo o alumnado de 3º de Educación Primaria tivo a sorte de recibir unha formación de radio. Este obradoiro titulado "O micro non morde" foi impartido por Luis Pardo, xornalista e locutor de radio da Cadena Ser.
Luis, dun xeito moi ameno e práctico, explicoulle ao alumnado os catro elementos esenciais para elaborar un programa de radio, como escribir para falar ante os micrófonos e a coidar a entoación segundo a intención do programa e a mensaxe que se quere transmitir. Ademais, doulles uns valiosos consellos a ter en conta antes de entrar a gravar.
Moitas grazas, Luis, por vir a compartir a túa experiencia con nós.
Achégase o "Día da muller" e o noso recanto está preparado con libros que nos falan dalgunhas mulleres coñecidas por moitos e moitas de nós, da igualdade entre homes e mulleres ou que nos contan divertidas historias para que cada cativo recorde que, con esforzo, pode chegar a ser aquilo co que soña e que non debemos facer caso daquelas voces e comentarios que non impiden facer ou xogar con algo polo mero feito de ser neno ou nena.