
Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o "Día Mundial da Poesía".
A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi adoptada durante a 30ª reunión da UNESCO celebrada en París en 1999.
O principal obxectivo desta acción é soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas.
Por outra parte, este Día ten por obxecto apoiar á poesía e á tradición oral dos recitais, promover a súa ensinanza, apoiar aos pequenos editores e crear unha imaxen atractiva da poesía nos medios de comunicación.