Neste segundo trimestre
puxéronse en marcha algunas actividades nas que todos participastes: mochilas viaxeiras, axudantes animadores, tarefas de organización e etiquetado de libros,... Tamén redecoramos a árbore de nadal para convertila nunha "
árbore de entroido"e disfrazamos a Mouchán!
Comenzamos cunha exposición de obxectos realizados con papel. Algúns son realmente sorprendentes!
Preparamos una carteleira de novidades, onde aparecen as últimas adquisicións, celebramos o día de Rosalía... e aínda non rematou o trimestre!!!