BENVIDOS!!!
O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.
miércoles, 13 de noviembre de 2024
OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA EN VILANOVA DE AROUSA
O alumnado de 6º de Educación Primaria asistiu a unha formación de banda deseñada coa ilustradora da obra "Aldara" chamada Inés Vázquez.
Ademais de aprender, tiveron o seu rato creativo para poñelo en práctica e facer os seus propios deseños.
Pasamos un fantástico e terrorífico día de Samaín. Houbo cabazas, disfraces, túnel do terror, familias valentes dispostas a pasar medo, diplomas, pemios aos relatos de medo...
Aquí podedes ver un vídeo con algúns momentos.
viernes, 8 de noviembre de 2024
A AULA DOS GATIÑOS EN RADIOCHANS
Os nenos e nenas de 4º e 5º de Educación Infantil (os nosos gatiños do cole) están en Radiochans. Con eles, neste programa aprenderemos a canción dos días da semana.
Preme no seguinte enlace para escoitalos.
lunes, 4 de noviembre de 2024
TÍTERES CACHIRULO
O pasado 29 de outubro tivemos unha actividade moi especial no cole. A compañía Títeres Cachirulo visitounos e puidemos ver un dos seus espectáculos con fermosos decorados e unha morea de animais.
Moitas grazas por facernos pasar un rato tan agradable.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)