BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

martes, 24 de febrero de 2026

DÍA DE ROSALÍA

O luns 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía e o Día da Poesía .

Na sala de multiusos todo o centro se reuniu nun acto presentado polo alumnado de 6º no que se recitaron, dramatizaron con música e declamaron os seguintes poemas:

- Educación Infantil: "Parece unha rosa".

- 1º EP: "Has de cantar".

- 2º EP: "O moucho".

- 3º EP: "Adiós ríos, adiós fontes".

- 4º EP: "Negra sombra".

- 5º EP: "O maio" de Celso Emilio Ferreiro.

- 6º EP: "Caldo de Gloria".

Despois, todo o cole degustou un caldo de gloria seguindo a receita da nosa ilustre escritora.







miércoles, 21 de enero de 2026

RECANTO DA PAZ

Achégase o Día Escolar da Paz e da Non Violencia e xa está preparado o noso recanto. Tedes aquí un bonito e tranquilo lugar para ler estas historias que, de seguro, axudarán a facer un mundo máis xusto e mellor para todos.