BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

jueves, 23 de enero de 2020

UNBOXING ALICE, TEATRO EN INGLÉS

Todos coñecedes o clásico da literatura infantil universal," Alicia no pais das Maravillas". Pois mañá venres, 24 de xaneiro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º poderedes desfrutar dunha nova e disparatada versión desta obra, en inglés.
Estade moi atentos, porque nada é o que parece...


“Unboxing Alice”, unha versión en inglés para escolares, do clásico de Lewis Carroll:  “Alice in Wonderland”, no auditorio da Sede Afundación de Pontevedra.

lunes, 13 de enero de 2020

AGASALLOS DO NADAL

As Súas Maxestades de Oriente tamén pasaron pola casiña de Mouchán para deixar todos estes agasallos. Novos xogos e unha colección de libros para compartir con vós.





jueves, 19 de diciembre de 2019

BO NADAL

No Nadal regala un libro!
Aquí vos deixo algunhas recomendacións de lectura para desfrutar durante estas vacacións.





viernes, 13 de diciembre de 2019

NOVIDADES

 Achégate á natureza da man deste novo personaxe que apareceu pola nosa biblioteca:Naturizo. Verás como vas aprender a través das súas divertidas historias.

lunes, 2 de diciembre de 2019

jueves, 14 de noviembre de 2019

NOVIDADES

Aquí temos as novidades da semana que inclúen algunhas das vosas peticións. Desfrutádeas!





lunes, 21 de octubre de 2019

O alumnado de 1º nas ondas

O alumnado de 1º foi á nosa radio! Alba, Martín, David e Pepe falaron dos libros que máis lle gustan e aproveitaron o feito de estar no aire en Radio Chans para pedirlle a Mouchán máis libros que lles gustaría ter na biblioteca. É a primeira vez que falaban diante dos micros e fixérono xenial.

Escoitade, escoitade! https://www.ivoox.com/lecturas-alumnado-1-audios-mp3_rf_43306856_1.html


viernes, 18 de octubre de 2019

APERTURA DA BIBLIOTECA

Cando este mes abriron as portas da biblioteca de Mouchán, durante a primeira semana sucederon cousas especiais: houbo sorpresas, recordamos o funcionamento da biblioteca...
No seguinte vídeo podedes ver algúns destes momentos.



lunes, 14 de octubre de 2019

NOVO PROXECTO



Este curso comezamos un novo proxecto que leva por título: "Os medios de comunicación: RADIO CHANS".
Con el, teremos a oportunidade de aprender máis sobre cada un dos medios de comunicación que se empregan na actualidade ou, pola contra, de coñecer outros que foron moi usados no pasado e que agora non o son tanto. Veremos que elementos emprega cada medio para poder transmitir información. Do mesmo xeito, sorprenderémonos ao ver a evolución e o cambio de sufriron outros medios ao longo da historia desde os enormes ordenadores ou teléfonos ata os que coñecemos hoxe en día.

Por suposto, estaremos nas ondas e poderedes escoitarnos se conectades con Radio Chans (na app de ivoox). Será unha canle moi usada polos mouchiños e mouchiñas para comunicarvos o que acontece no cole, as nosas inquedanzas, as conclusións das nosas investigacións...

Estade atentos! Temos moito que contar!

viernes, 11 de octubre de 2019

NOVAS, NOVAS: RADIO NA BIBLIO!



Temos unha noticia moi importante que contar. O noso centro foi seleccionado para incorporarse ao proxecto "Radio na biblio". Así, promoveremos o emprego da radio dentro do contexto da nosa biblioteca escolar. Os nosos mouchiños e mouchiñas ampliarán as súas competencias en relación á mellora da expresión oral, o traballo colaborativo, a investigación e o manexo de información.

Trátase dunha moi boa nova pola cal estamos moi ledos no cole.
Estaremos moi atentos ao que nos contan os nosos mouchiños nas ondas a través de RADIO CHANS.



viernes, 4 de octubre de 2019

PRIMEIRO PROGRAMA DE RADIO DO CURSO 2019-2020

Desde as ondas, o CEIP Plurilingüe San Bartolomé dá a benvida ao novo curso 2019-2020. Nesta ocasión, un pequeno grupo de nenos e nenas de diferentes cursos nos contan como viviron os primeiros días nas aulas.

Podes escoitalos premendo na seguinte ligazón:
https://www.ivoox.com/benvida-ao-curso-2019-2020-audios-mp3_rf_42317460_1.html

Non esquezades escoitar os nosos programas en "ivoox" (a través da web ou descargando a app no móbil) e buscando "Radio Chans".


lunes, 30 de septiembre de 2019

PRIMEIRAS NOVIDADES DO CURSO 2019-2020






ATENCIÓN! NOVOS VOLUNTARIOS!

Informamos de que o proceso de selección dos novos voluntarios da biblioteca xa finalizou. Tivéronse en conta os méritos alegados no seu currículo e unha entrevista persoal. Xa teñen o seu contrato firmado.
Dámoslles a benvida e agradecemos de antemán o traballo que van realizar como axudantes!





lunes, 23 de septiembre de 2019

BENVIDOS MOUCHIÑOS E MOUCHIÑAS!!!

Comezamos un novo curso e, desde a biblioteca, estamos cos últimos preparativos para abrir as portas. O día tan esperado será o 1 de outubro.
Nestes días estamos coa selección dos novos voluntarios da biblioteca (aos cales estamos a piques de coñecer), a súa formación e a preparación dalgunha sorpresiña.

Vémonos dentro de moi pouquiño!!!
Un saudiño,
Mouchán