BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

lunes, 27 de abril de 2020

NOVAS RECOMENDACIÓNS E FELICITACIÓNS POLO DÍA DO LIBRO!!

Temos outras nenas que quixeron participar na actividade do Día do libro. Moitas grazas!!!!
Como ben sabedes, ás veces hai problemas coas tecnoloxías (máis nesta época que todos estamos a mandar moitas cousas) e fai que non cheguen os arquivos a tempo.

viernes, 24 de abril de 2020

A pegada de Antonio García Teijeiro

Entre libros e libros e ventos e ventos... con Antonio Garcia Teijeiro un aire fresco deixou unha pegada moi importante entre nós.
Hai un tempo que no cole tivemos a sorte de telo entre nós e o seguimos recordando.
Podes escoitar en Ixoox a emotiva entrevista que lle fixo un grupo de 2º en Radio Chans.

https://www.ivoox.com/antonio-garcia-teijeiro-radio-chans-audios-mp3_rf_50381802_1.html


Tamén podes ver o vídeo da canción composta na clase de música sobre un dos seus poemas e interpretada polo alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria.



E mirade o artistas que son os nenos e nenas de 3º que compuxeron as súas propias estrofas tomando como referencia a temática do vento tan presente na última obra do autor: "Vento, ventiño, venteiro".


jueves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO 2020!!!

Desexámosvos un moi feliz Día do libro neste 23 de abril.
Desfrutemos moito destes momentos de lectura e das recomendacións que nos fan os nosos nenos e nenas que, a pesares da distancia, con este vídeo nos sentimos máis preto.
Moitas grazas ás familias e ao alumnado pola súa participación.


domingo, 19 de abril de 2020

GALICIA LE, unha chea de recursos sen saír do noso fogar

Compartimos o enlace de GaliciaLe da rede de bibliotecas públicas de Galicia.

Tedes toda a información para poder desfrutar de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico no teléfono móbil, tablet e ordenadores e, no caso dos libros, ademais, en lectores de libro electrónico.
Todo iso seguindo uns sinxelos pasos. 
Que o confinamento non sexa un impedimento para poder aproveitar estes recursos nos nosos momentos de lecer.




viernes, 3 de abril de 2020

POESÍA PARA AMENIZAR A CUARENTENA

Entre todas as noticias que están ultimamente nos medios, estamos ledos de ver a Antonio García Teijeiro en vídeo recitando uns poemas cheos de agarimo, como todo o que fai coas súas queridísimas palabras. Recita para nós a prmeira entrega de "Versos para ler e soñar".

Como tamén ben di antes de recitar: "[...] A poesía debe estar presente nestes tempos que corren [...]".
Moitas gracias Antonio por facer que, nestes momentos tan complicados, a túa ledicia e agarimo chegen aos nosos fogares.

Ao velo, é imposible non acordarse daquel día de febreiro, cando tivemos a grandísima sorte de estar con el na nosa biblioteca, na nosa radio... Que bonitos recordos que nos fan pensar no moito que botamos de menos ao noso cole!




jueves, 2 de abril de 2020

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Hoxe celébrase o Día internacional do libro infantil.  
preme na imaxe para acceder.

Celebremos todos xuntos este día con Antonio García Teijeiro, cada un desde as súas casas.



Nestes outros enlaces poderedes desfrutar de contacontos, o salón do libro virtual e moitas outras aportacións de editoriais e autores galegos para que poidades desfrutar da lectura tamén nestes días, xa que non vos podedes achegar ás bibliotecas.

https://osbolechas.gal/libro-fala.php

Saudiños e a coidarse.
Vémonos pronto!

lunes, 16 de marzo de 2020

Ana e Carla presentan...


Dúas alumnas de 6º, Ana e Carla, preséntannos esta nova colección Zoo da Editorial Combel para que desde xa ben cativos aprendamos un montón sobre os animais. Con este vídeo, estas dúas alumnas ensínannos máis polo miúdo como son por dentro estes novos libros. Achégate á biblioteca para descubrilos!

lunes, 9 de marzo de 2020

Recuncho da biblioteca

No recuncho da biblioteca hai unha selección de libros cos que fixemos unha pequena homenaxe na conmemoración do 8 de marzo no Día Internacional da Muller.


Cantas novidades!

Para aprender desde ben cativos moitas cousas sobre os animais.


sábado, 29 de febrero de 2020

A pegada de Antonio García Teijeiro

Entre ventos e ventos... con Antonio García Teijeiro un aire fresco deixou unha pegada moi importante entre nós.

Por exemplo, podes ver o vídeo da canción composta sobre un dos seus poemas e interpretada polo alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria.



E mirade o artistas que son os nenos e nenas de 3º que compuxeron as súas propias estrofas tomando como referencia a temática do vento tan presenta na última obra do autor: "Vento, ventiño, venteiro".




jueves, 20 de febrero de 2020

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO VISITOU O NOSO COLE

O escritor galego Antonio García Teijeiro visitounos onte, para compartir con nós algúns dos poemas do seu novo libro de poesía para nenos: "Vento, ventiño, venteiro". A actividade forma parte do Programa  Faro da escola, promovido polo Faro de Vigo, no que estamos a participar este curso.



Recitamos con el, cantamos, xogamos a adiviñar...

e mesmo lle fixemos unha entrevista para Radiochans.



martes, 18 de febrero de 2020

NOVIDADES

É tempo de entroido! Peliqueiros, cigarróns, boteiros, volantes,...os persoaxes máis senlleiros do entroido en Galicia.
Desfrutade, ademáis,das aventuras do rato Paco para os máis cativos e doutras historias moi divertidas para nenas e nenos a partires de 8 anos

domingo, 16 de febrero de 2020

RADIOCHANS COA CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN

Xa está dispoñible o programa de radio que algúns nenos e nenas de 6º fixeron xunto coa Sra. Carmen Pomar, Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Entra coma sempre en ixoov e escoita.



miércoles, 12 de febrero de 2020

Visita da Conselleira de Educación



Co gallo da publicación da convocatoria do II Concurso de podcast-Radio na Biblio, a Conselleira de Educación da Xunta de Galicia, Carmen Pomar, visitou o noso centro. Foi un pracer contar coa súa presenza no noso centro, ensinarllo, falar das actividades, programas e proxectos que estamos a levar a cabo e mesmo gravar un programa de radio.

Deixámosvos os enlaces onde podedes ver algunhas das noticias e vídeos realizados ao respecto.

Noticia no portal de educación da Xunta de Galicia:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30254

Noticia en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/video/arousa/2020/02/12/oss-alumnos-tremoedo-entrevistan-conselleira-educacion-na-sua-radio-escolar/0031_2020026131938924001.htm

Noticia do Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/portada-arousa/2020/02/13/radio-e-idiomas-rural-vilanoves/2246440.html

Vídeo publicado polo concello de Vilanova de Arousa:
https://es-es.facebook.com/concello.devilanovadearousa/videos/131278191461788/


lunes, 3 de febrero de 2020

NOVO PROGRAMA DE RADIO

Queres escoitar ao alumnado de 1º de Educación Primaria. Teñen moitas cousas que contar.
Gravaron un novo programa en RadioChans falándonos sobre as tarefas domésticas.
Atópaos en ivoox.
https://www.ivoox.com/en/as-tarefas-dos-nenos-e-nenas-1-audios-mp3_rf_47188227_1.html


miércoles, 29 de enero de 2020

Pautas de crianza

Onte á tarde tivemos a sorte de contar no noso centro con Carmen Loureiro, gran educadora e comunicadora. Desfrutamos un montón do seu faladoiro sobre pautas de crianza no que fixo fincapé na importancia de formar nenos e nenas autónomas desde as idades máis temperás, satisfacer as necesidades dos nosos fillos atopando un equilibrio ou punto intermedio sen caer no exceso nin no defecto, establecer límites claros, afrontar os problemas deixándoos repousar para que os implicados os aborden con máis tranquilidade así como "botar unha cantidade de suavizante" ás nosas palabras cando nos comunicamos. Moitas gracias, Carmen, por compartir con nós a túa dilatada experiencia.




viernes, 24 de enero de 2020

ATENCIÓN! ATENCIÓN! Saímos en prensa!

Esta semana tivemos a sorte de contar no noso centro con membros do Faro da Escola que nos explicaron aspectos esenciais para facer o noso periódico.
Aprendemos un montón de cousas: que a redacción dunha noticia debe respostar ás 5W (facendo referencia á primeira letra coa que se escriben en inglés os pronomes interrogativos "que?, quen?, cando?, onde? e por que?"; os xéneros ou tipos de textos que podemos facer como noticias, reportaxes, entrevisas, artigos de opinión...; as seccións do xornal; e, consellos para seleccionar as fotografías.

Así, estamos desexando comezar a elaborar o noso propio periódico.

Deixámosvos o enlace da noticia na que saimos en Faroeduca.

https://www.faroeduca.es/actualidad/tremoedo-faro-da-escola.html





jueves, 23 de enero de 2020

O recuncho da biblioteca

Xa está listo o recuncho da nosa biblioteca no que podes coñecer estes libros sobre o Día Escolar da Non Violencia e a Paz que conmemoraremos o vindeiro 30 de xaneiro. Colle un libro, senta no noso sofá e desfruta do teu momento de lecer.