Recuperando actividades que se tiveron que interromper como consecuencia das restricións, retomamos a dos padriños e madriñas lectoras que tanto nos gusta e coa que tanto desfruta a cativada.
Así, celebramos o Día do libro neste ano 2022.
Recuperando actividades que se tiveron que interromper como consecuencia das restricións, retomamos a dos padriños e madriñas lectoras que tanto nos gusta e coa que tanto desfruta a cativada.
Así, celebramos o Día do libro neste ano 2022.
Cantos libriños de primavera hai no noso recanto! Para todas as idades e de temáticas variadas: natureza, música, manualidades, xogos e deportes...
O alumnado de 1º traballamos durante todo este curso o Proxecto: “O azucre na alimentación”. Investigamos moitas cousas sobre o azucre como: que é o azucre libre?; que cantidade de azucre se debe consumir ao día?; e por que é prexudicial consumir demasiado azucre?
Agrupamos os alimentos en 6 grupos:
- Un grupo de bebidas, refrescos e
zumes.
- Un grupo de galletas e cereais.
- Un grupo de leite e iogures.
- Un grupo de chocolates e cacaos.
- Un grupo de bollería e doces.
- E por ultimo un grupo de salsas e infusións.
Logo seleccionamos varios alimentos de cada grupo e
calculamos a cantidade de azucre en gramos que tiñan eses alimentos. Con toda
esta información fixemos uns murais para
facer una exposición de todo o traballado. O obxectivo é concienciar a todo o
alumnado do centro de que moitos alimentos que consumimos diariamente teñen moitísimo
azucre e que consumir demasiado azucre pode ter consecuencias moi prexudiciais
para a nosa saúde.
https://go.ivoox.com/rf/86045299
Chegou un novo proxecto final do PDI "A saúde". Esta vez vén da man do alumnado de 5º de primaria en forma do famoso xogo "Pasapalabra". Como ben sabedes, hai que adiviñar a palabra á que se refire cada definición sempre tendo en conta a letra pola que debe comezar.
A que agardas? Tes no caixonciño da esquerda o papel co teu propio rosco e as definicións. Xoga, anota as palabras e colorea os acertos ou, no seu caso, os erros de verde e vermello, respectivamente. Serás quen de completar o rosco? A ver cantas palabras identificas relacionadas coa saúde!
Comezan a chegar os primeiros produtos finais do Proxecto Documental Integrado deste curso 2021-2022 coa temática da saúde.
Nesta ocasión tócalle á etapa de Educación Infantil. Así nos contan eles o seu traballo que xa está á vosa dispocición para ver e ler na biblioteca.
"En Educación Infantil durante o 1º e 2º trimestre
estivemos traballando no Proxecto Documental Integrado “A saúde” proposto pola
biblioteca do centro. O obxectivo que perseguimos con este proxecto era
progresar na adquisición de hábitos e actitudes relacionados co fortalecemento da saúde. Deste xeito centramos o noso traballo no leite e nos beneficios que ten
para nós. Con toda a información obtida elaboramos un dossier e un vídeo no
que explicamos o ciclo do leite, produtos derivados do leite, receitas de
cociña que teñen como base o leite… Ademais, tamén fixemos unha pequena campaña
publicitaria a favor do seu consumo. Este foi o produto final que elaboramos
para que os compañeiros/as o poidan ver na biblioteca accedendo ao vídeo
mediante un código QR".
Estes novos libros xa están á túa disposición cando volvas vir á biblioteca. Desde os máis cativos ata os maiores aquí tedes a vosa vindeira lectura.
Un saudiño,
Mouchán
Nestas novas adquisicións da biblioteca contamos con libros para os máis cativos pero tamén para os maiores do cole. Hai temáticas diferentes: cousas da vida, arte, aventuras, ciencia... Preme na imaxe de abaixo para saber máis de cada un.
A que agardas para vir a visitar a Mouchán?
Ata pronto e apertiñas virtuais
Continuando coa colección de libros de Susaeta, hoxe presentamos outros exemplares para os maiores. Trátase dalgúns clásicos de éxito da literatura e algún outro de tipo histórico cos que seguro ides pasar moi bos ratos.
Fai clic na seguinte imaxe e en cada un dos libros para ter máis información e escoller cal vas levar o vindeiro día que veñas á biblioteca.
Para os nosos primeiros lectores e lectoras presentamos unha colección coa que descubrir un montón de curiosidades sobre os animais, as plantas e o corpo humano.
Para ver a información de cada libro, fai clic na imaxe de abaixo e levarache a unha presentación.
Aquí está a colección "Magos del humor" para ler e rir con estes personaxes tan singulares aos que lle acontecen cousas estravagantes.
Hoxe conmemoramos o día do nacemento de Rosalía de Castro. Un 23 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela unha das escritoras máis importantes da literatura española do século XIX. Ata o seu falecemento en Padrón en 1885, durante 48 anos a súa vida estivo cargada de moitos momentos complicados que nos deixaron obras cheas de sentimento, de amor por Galicia, polo rural e pola nosa lingua.
No cole, traballamos a súa figura e a súa traxectoria con materiais adaptados á idade de cada nivel educativo. Tamén fixemos un acróstico con palabras galegas que nos gustaron para poñelas en valor.
A continuación, deixamos a interpretación musical que o alumnado de 6º preparou na clase de educación musical do seu coñecido poema "Adiós ríos, adiós fontes".
Temos esta semana libros novos para todos os gustos e todas as idades.
Para os cativos que queren coñecer a Frida, para os que queren continuar coas aventuras que nos conta Greg no seu "diario", para os que lles gusta facer experimentos, para os superheroes e superheroínas que queren salvar o noso planeta, para os que estean dispostos a facer o crebacabezas máis grande do mundo e para os que cren que son pequeniños e queren descubrir a súa grandeza.
Aínda non tes a túa indumentaria para o entroido?
Pois corre á biblioteca, revisa o recanto que está ao carón do sofá e verás libros para elaborar o teu disfrace, a túa máscara, coller ideas ou, simplemente, ambientarte nesta festa.
O día 30 de xaneiro como tódolos anos conmemoramos o Día Internacional da Paz e Non Violencia.
En todo o cole se estivo traballando a temática a través de diferentes actividades: un mural colaborativo no que participaron todos os niveis educativos, cartas, actividades de aula... e, por suposto, a nosa biblioteca contou co seu recanto con libros para abordar dita temática.
Preme na seguinte imaxe para ver todas as recomendacións e logo poderás consultar a información de cada libro individualmente.
Mouchán quere desexarvos un moi bo nadal.
Para iso, montou un recanto especial cargadiño de libros para todas as idades relacionados con esta festividade.
Botádelle unha ollada.
O Parlamento de Galicia é a institución onde reside o poder lexislativo da nos comunidade autónoma. Este ano, esta institución cumpre corenta anos.
Para coñecelo mellor contamos estes días nas aulas cun material co que, a través dunha historia de ficción entretida, nos permitirá aprender valores democráticos.