BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

jueves, 23 de febrero de 2012

24 de Febreiro. DIA DE ROSALÍA DE CASTRO


O 24 de febreiro está recollido oficialmente como o DIA DE ROSALÍA DE CASTRO pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.

Este ano fanse os 175 anos do nacemento da autora.




Rosalía de Castro é a escritora máis representativa do Rexurdimento da lingua e da literatura galegas. A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente no noso idioma, supón o inicio da recuperación do uso escrito da lingua galega e o final de séculos escuros de silencio e esquecemento.
A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade.

A continuación podedes visualizar un vídeo que resume a súa vida.





Algúns dos seus poemas máis coñecidos foron musicados por diversos cantautores e grupos galegos.
Aquí tedes a Amancio Prada interpretando o poema "Campanas de Bastabales".
A lingua galega foi evolucionando ao longo dos séculos e no poema que vedes a continuación aparecen palabras e grafías que non están no galego normativo, dado que no século XIX non existía unha normativa legal da nosa lingua.


Campanas de Bastabales


cando vos oyo tocar


mórrome de soidades.


I


Cando vos oyo tocar,


campaniñas, campaniñas,


sin querer torno á chorar.


Cando de lonxe vos oyo


penso que por min chamades,


e d'as entrañas me doyo.


Dóyome de dor ferida,


qu'antes tiña vida enteira


y hoxe teño media vida.


Sólo media me deixaronos


que d'aló me trouxeronos


que d'aló me roubaron.


Non me roubaron, traidores,


¡ai!, uns amores toliños,


¡ai!, uns toliños amores.


Qu'os amores xa fuxiron...


As soidades viñeron...


De pena me consumiron.





7 comentarios:

  1. Me parece interesante y hace unas poesias muy bonitas

    ResponderEliminar
  2. La poesía es muy bonita pero lo malo es que mezcla gallego con castellano.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non mestura galego con castelán. A poesía está escrita no galego que se utilizaba no seculo XIX. Daquela ainda non existía o galego normativo que temos hoxe en día.

      Eliminar
  3. Que bonitas son as poesías de Rosalia de Castro.O malo é que ten moitas e non as podemos poñer todas!

    ResponderEliminar
  4. a poesia e moi bonita

    ResponderEliminar

Os comentarios deberán ser respetuosos e(mensaxe para o alumnado!)ter en conta a corrección ortográfica e a expresión. Se tedes dúbidas pedide axuda, no cole, na casa ou empregade o diccionario. Será un bo sistema para ir mellorando a expresión escrita.