O Proxecto Documental Integrado deste curso,
que leva por título “Innovarte”, xa comezou a súa andaina con actividades de
motivación que foron realizadas polo alumnado de todos os niveis do noso cole.
Para ir enchendo o cole coa nosa arte estamos
a decorar o muro exterior. Para iso, empregando a técnica do mosaico, formamos o
nome do centro e algúns elementos decorativos. Foi unha actividade que
nos encantou. Seguindo as orientacións do profesor Gerardo Rodríguez “Chere” e
coa axuda dalgunhas familias que de forma voluntaria quixeron tamén colaborar,
fomos enchendo de vida e de cor a entrada do cole. Agradecemos a todas estas
persoas a súa colaboración. Temos aínda que rematar pero, polo momento, está
quedando moi ben.
Antes de facer este mural, tivemos que
practicar esta técnica nas clases con diferentes traballos sobre o papel.
Podedes ver a continuación unha pequena mostra destes e de como vai a
realización do traballo no muro nestes intres.
Desexamos que vos guste. Noutra ocasión
poderedes ver o resultado final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Os comentarios deberán ser respetuosos e(mensaxe para o alumnado!)ter en conta a corrección ortográfica e a expresión. Se tedes dúbidas pedide axuda, no cole, na casa ou empregade o diccionario. Será un bo sistema para ir mellorando a expresión escrita.