O pasado día 19 de decembro, o
alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º visitou o Museo de Pontevedra para seguir
documentándose para o noso proxecto “Innovarte”.
Alí, tiveron a oportunidade de
realizar diferentes visitas dinamizadas que lles permitiron coñecer as
diferentes pezas de arte, desenvolvendo así, a sensibilidade, o goce estético e
a adquisición de valores culturais e sociais.
O alumnado de 3º e 4º asistiu á
actividade “Detectives da arte”, onde realizaron un xogo de busca e
observación onde os nenos e nenas, a partir dunha selección de artistas
galegos, afondaron no valor da abstracción, da expresión a través das cores e
das texturas, da importancia da visión persoal e única de cada espectador e da
evolución dos xéneros e das técnicas.
O alumnado de
5º e 6º adentrouse no mundo da música, coa dinámica, “Música na arte”, a través
dun percorrido con ficha didáctica no que a música e a súa representación plástica
son o fío condutor. A partir dunha selección de obras pictóricas nas que
partituras, instrumentos e intérpretes aparecen como protagonistas da composición,
os nenos e nenas coñecerían aspectos básicos vinculados coa educación musical e
coa pintura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Os comentarios deberán ser respetuosos e(mensaxe para o alumnado!)ter en conta a corrección ortográfica e a expresión. Se tedes dúbidas pedide axuda, no cole, na casa ou empregade o diccionario. Será un bo sistema para ir mellorando a expresión escrita.