O día 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas que, neste ano2019, homenaxea a Luís Seoane.
No seguinte vídeo pódese ver o traballo que fixo todo o alumnado do colexio sobre unha escolma de tantos e tantos artistas galegos que temos.
Na alborada
alá onde se xunta o río e o mar,
eis as mariscadoras.
Cos pés mollados e as mans frías,
arremangadas as roupas,
apañan o marisco sen demora:
ameixas, berberechos, ostras
vieiras e navallas.
As catro xuntiñas
aturan o frío cantando
vellas cancións mariñeiras,
mentres agardan con saudade
a chegada dos seus homes,
de alén dos mares
Luís SeoaneNo seguinte vídeo pódese ver o traballo que fixo todo o alumnado do colexio sobre unha escolma de tantos e tantos artistas galegos que temos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Os comentarios deberán ser respetuosos e(mensaxe para o alumnado!)ter en conta a corrección ortográfica e a expresión. Se tedes dúbidas pedide axuda, no cole, na casa ou empregade o diccionario. Será un bo sistema para ir mellorando a expresión escrita.