BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

miércoles, 22 de septiembre de 2021

RADIOCHANS ESTÁ DE VOLTA

Sabemos que a pandemia da covid provocou bastantes cambios nos coles. O xel e o xabón convertíronse nuns moi bos compañeiros, a nosa faciana agora está decorada coas cores das nosas máscaras, os patios están delimitados, o empréstito da biblioteca modificiouse, algúns recunchos quedaron pechados e a nosa radio tivo que silenciarse durante un tempo.

O pasado día 13 de setembro isto cambiou e, con moita ledicia, anunciamos que queda reinaugurada a actividade nas nosas ondas. Radiochans recuperou a súa voz! 

Como non podía ser doutro xeito, tal acontecemento ben merecía un evento que estivese á súa altura. Por iso, na visita que fixo ao noso cole o Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, gravouse un programa moi especial guiado por Lucía Varela, Eloy Moares e Rita Rodríguez de 6º de Educación Primaria. Porén, non só estiveron estes nenos e nenas senón que, de forma telemática, estiveron presentes outros membros da comunidade educativa para facerlle cuestións e transmitirlles algunhas das súas inquedanzas ao Sr. Conselleiro.

Agardamos que desfrutedes deste programa e que o sigades facendo cos seguintes.

PREME NA IMAXE E ESCOITA O PROGRAMA DE RADIO.


Recordamos que podedes escoitar este e outros programas de dous xeitos:

- Na web: https://www.ivoox.com/radiochans-_sw_1_1.html 

- Descargando a app "ivoox" no teu móbil ou tablet.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Os comentarios deberán ser respetuosos e(mensaxe para o alumnado!)ter en conta a corrección ortográfica e a expresión. Se tedes dúbidas pedide axuda, no cole, na casa ou empregade o diccionario. Será un bo sistema para ir mellorando a expresión escrita.