BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

sábado, 24 de octubre de 2026

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este venres 23 de outubro, véspera da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, as nosas mochilas viaxeiras emprenderon camiño cara os primeiros fogares que teñen por destino. Cativos e cativas, desde a aula de 3 anos ata a de 6º de educación primaria, teñen unha mochila cargadiña de lecturas agardándolles para pasar uns ratiños inesquecibles.

A selección, ademais de seguir as recomendacións que ten Mouchán na biblioteca, foi realizada polo propio alumnado das diferentes aulas axudados polas súas profes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Os comentarios deberán ser respetuosos e(mensaxe para o alumnado!)ter en conta a corrección ortográfica e a expresión. Se tedes dúbidas pedide axuda, no cole, na casa ou empregade o diccionario. Será un bo sistema para ir mellorando a expresión escrita.