BENVIDOS!!!

O equipo da biblioteca do CEIP San Bartolomeu da a benvida a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) que queiran participar neste blogue, aportando comentarios, suxerencias, peticións ... . Animádevos!!!
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, enlaces a outros blogues , actividades que estamos a levar a cabo e todo aquilo que se nos vaia ocorrendo.

martes, 26 de marzo de 2019

NOVIDADES

Estade atentos aos andeis da sección de novidades da nosa biblioteca porque están repletos de novas aventuras.







sábado, 23 de marzo de 2019

TALLER DE PINTURA COMESTIBLE

Como parte do proxecto  documental integrado deste curso, INNOVARTE, vimos de participar nun taller de "pintura comestible", dirixido por Gerardo Rodríguez, profesor de electrónica no IES Francisco Asorey de Cambados e un artista en toda regra, pois xa se encargou do deseño do muro exterior do cole, no que participamos todo o alumnado como actividade de inicio do proxecto.

Este taller parte da representación do conto de Elmer, un elefante de cores moi peculiar. Tódolos nenos e nenas de Educación infantil e primeiro e segundo de primaria participamos como personaxes da historia, os animais da selva...e algún outro infiltrado!







Como podedes imaxinar, a pintura non era real! Adiviñades con que a fixemos?

Moitísimas grazas a Gerardo pola súa colaboración completamente desinteresada.

martes, 12 de marzo de 2019

PUNTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS

Tes libros na casa que queres deixar voar para que outras persoas teñan a oportunidade de lelos? Queres botarlle unha ollada aos libros que outra xente deixou libres?
Pois visita o punto de intercambio que temos na entrada do cole onde profes ou familias "traen o que non usan ou levan o que precisan".




ATENCIÓN FAMILIAS E PROFES!!

Temos unhas novas na biblioteca que poden ser do voso interese.





lunes, 25 de febrero de 2019

lunes, 18 de febrero de 2019

NOVIDADES

Estade atentos aos andeis. Agárdanvos uns libros moi variados e incribles.





martes, 12 de febrero de 2019

NOVIDADES

A biblioteca incorpora propostas moi divertivas con libros que nos axudan a descubrir a historia, a grandes artistas incomprendidos no seu momento ou sobre ideas para ser máis felices.




martes, 5 de febrero de 2019

NEWS

A biblioteca incorpora máis novidades. Nesta ocasión, a meirande parte deles son en inglés para que continuedes practicando esta lingua dunha forma divertida.







martes, 29 de enero de 2019

NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA!!






QUEN É QUEN?


Como xa vos adiantou Mouchán na última carta, temos un novo concurso no que tedes a posibilidade de participar.
Debedes fixarvos no expositor do proxecto que está á saída da biblioteca. Aí tedes as caricaturas de personaxes ilustres relacionados coas diferentes artes.
Teredes que investigar sobre cada personaxe, podendo utilizar os recursos da biblioteca (como libros, ordenadores, tablets…). No panel aparecen diferentes etiquetas co nome e a disciplina artística de cada un deles, pero será necesario ordealos.
Este reto consistirá en saber quen é cada un e a que se adica. Isto poderedes levalo a cabo coa axuda dos vosos titores e titoras ou vós sós durante as horas de biblioteca. O primeiro que sexa capaz de resolvelo, terá un  agasallo.
Pequenos e pequenas detectives da arte, a resolver o misterio!! Desfrutade moito!!



lunes, 28 de enero de 2019

ATENCIÓN! CERTAME DE RELATO CURTO Á VISTA

Informámosvos dunha actividade literaria moi interesante. Trátase dun certame de relato curto no que poderedes participar con textos ORIXINAIS escritos en GALEGO creados por vós.

Por suposto, teñen que cumprir uns requisitos en canto ao formato, os cales comentamos a continuación. A súa extensión é de entre 200 e 300 palabras escritas na fonte TIMES NEW ROMAN, TAMAÑO 12 e INTERLIÑADO 1,5.

Os DATOS que deben achegarse son os seguintes: con respecto á persoa participante, débese indicar un pseudónimo, nome e apelidos, curso, centro escolar, correo electrónico e teléfono; en canto ao relato, este debe incluír o título, o relato, o pseudónimo e a categoría. Para máis información sobre as bases podedes consultar na web certame.nontedurmas.org.


lunes, 21 de enero de 2019

NOUVEAUTES

Esta semana temos unhas novas adquisicións na biblioteca moi especiais. Trátase dunha colección de libros en francés aos que podedes chegar se seguides correctamente unhas pistas que atoparedes nos corredores. Por suposto, para iso, deberedes empregar todo o que sabedes desta lingua.

jueves, 17 de enero de 2019

NO MUSEO


O pasado día 19 de decembro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º visitou o Museo de Pontevedra para seguir documentándose para o noso proxecto “Innovarte”.
Alí, tiveron a oportunidade de realizar diferentes visitas dinamizadas que lles permitiron coñecer as diferentes pezas de arte, desenvolvendo así, a sensibilidade, o goce estético e a adquisición de valores culturais e sociais.
O alumnado de 3º e 4º asistiu á actividade “Detectives da arte”, onde realizaron un xogo de busca e observación onde os nenos e nenas, a partir dunha selección de artistas galegos, afondaron no valor da abstracción, da expresión a través das cores e das texturas, da importancia da visión persoal e única de cada espectador e da evolución dos xéneros e das técnicas.
O alumnado de 5º e 6º adentrouse no mundo da música, coa dinámica, “Música na arte”, a través dun percorrido con ficha didáctica no que a música e a súa representación plástica son o fío condutor. A partir dunha selección de obras pictóricas nas que partituras, instrumentos e intérpretes aparecen como protagonistas da composición, os nenos e nenas coñecerían aspectos básicos vinculados coa educación musical e coa pintura.





lunes, 14 de enero de 2019

NOVIDADES

Comeza o ano 2019 con novos libros na biblioteca para que sigades gozando coa lectura.
Estade atentos aos andeis!