Preme na seguinte imaxe para ver todas as recomendacións e logo poderás consultar a información de cada libro individualmente.
BENVIDOS!!!
jueves, 16 de diciembre de 2021
martes, 7 de diciembre de 2021
RECANTO DE NADAL
Mouchán quere desexarvos un moi bo nadal.
Para iso, montou un recanto especial cargadiño de libros para todas as idades relacionados con esta festividade.
Botádelle unha ollada.
miércoles, 1 de diciembre de 2021
SEMANA DO PARLAMENTO NA ESCOLA
O Parlamento de Galicia é a institución onde reside o poder lexislativo da nos comunidade autónoma. Este ano, esta institución cumpre corenta anos.
Para coñecelo mellor contamos estes días nas aulas cun material co que, a través dunha historia de ficción entretida, nos permitirá aprender valores democráticos.
miércoles, 24 de noviembre de 2021
lunes, 22 de noviembre de 2021
NOVIDADES: A historia de Playmobil
martes, 16 de noviembre de 2021
Libros para o noso proxecto
No recanto da nosa biblioteca destinado ao noso PDI (titulado "A saúde") podedes consultar estes libros.
miércoles, 3 de noviembre de 2021
SAMAÍN 2021
O venres 29 de outubro celebramos no colexio a festividade do Samaín. O alumnado e as familias fixeron cabazas e, nos días previos, os nenos e nenas traballaron esta tradición nas diferentes materias e decoraron zonas do centro.
O noso recanto da biblioteca non queda atrás. Aquí se concentraron un montón de obras das que se recomenda a súa lectura.
No seguinte vídeo podémolas ver.
lunes, 25 de octubre de 2021
24 de OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas escolares logo de que, hai uns anos, a Asociación Amigos del Libro Infantil e Xuvenil propuxera este data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial.
No noso cole, hoxe luns día 25 celebrámolo deixando viaxar as nosas mochilas agardando que, en cada unha das súas paradas, os fogares do noso alumnado, fagan todo o posible para facer desfrutar aos seus viaxeiros enchéndoos de ledicia, inquedanzas, ganas de saber, de pensar...
domingo, 24 de octubre de 2021
APERTURA BIBLIOTECA 2021-2022
viernes, 15 de octubre de 2021
PDI 2021-2022: A SAÚDE
O proxecto documental integrado deste curso académico versa sobre a SAÚDE. Non podemos esquecer que estamos tentando saír dunha pandemia pero imos afondar en todo o relacionado coa saúde a tódolos niveis (físico, emocional...), coñecer estratexias e hábitos saudables para previr as enfermidades...
Como actividade de motivación, todo o alumnado do centro fixo unha chuvia de ideas coas palabras relacionadas con este tema.
Como sabemos que o tema é moi amplo, a exposición das palabras no noso panel da entrada á biblioteca é moi variado e enriquecedor.
viernes, 8 de octubre de 2021
Os Bolechas visitan o noso cole
Recordamos hoxe que o pasado luns 13 de setembro Os Bolechas pasaron polo noso cole. Os nenos e nenas puideron ir velos un ratiño.
Estamos moi ledos de telos connosco.
Ata pronto!
martes, 28 de septiembre de 2021
XA QUEDA MENOS!!!! 4 DE OUTUBRO!!!!
Ola mouchiños e mouchiñas!
Sei que estades preguntando cando abrirá a biblioteca. Xa está todo listo para recibirvos e que sigades desfrutando de todo o que temos neste espazo: libros, películas, recomendacións, novidades, sorpresas...
Como podedes ver no cartel da entrada, o vindeiro luns 4 de outubro abrirán as portas para vós. Estade atentos para vir o día que vos corresponde. Seguimos tendo unha hora para cada curso.
Volvo poñervos o vídeo do ano pasado sobre as normas que temos en canto ao emprego do xel ao entrar e saír, sentarse só nos postos dispoñibles, a distancia de seguridade entre as persoas, o lugar onde deixar as devolucións...
Agardo vervos moito pola nosa biblio.
Ata dentro de moi pouco.
miércoles, 22 de septiembre de 2021
RADIOCHANS ESTÁ DE VOLTA
Sabemos que a pandemia da covid provocou bastantes cambios nos coles. O xel e o xabón convertíronse nuns moi bos compañeiros, a nosa faciana agora está decorada coas cores das nosas máscaras, os patios están delimitados, o empréstito da biblioteca modificiouse, algúns recunchos quedaron pechados e a nosa radio tivo que silenciarse durante un tempo.
O pasado día 13 de setembro isto cambiou e, con moita ledicia, anunciamos que queda reinaugurada a actividade nas nosas ondas. Radiochans recuperou a súa voz!
Como non podía ser doutro xeito, tal acontecemento ben merecía un evento que estivese á súa altura. Por iso, na visita que fixo ao noso cole o Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, gravouse un programa moi especial guiado por Lucía Varela, Eloy Moares e Rita Rodríguez de 6º de Educación Primaria. Porén, non só estiveron estes nenos e nenas senón que, de forma telemática, estiveron presentes outros membros da comunidade educativa para facerlle cuestións e transmitirlles algunhas das súas inquedanzas ao Sr. Conselleiro.
Agardamos que desfrutedes deste programa e que o sigades facendo cos seguintes.
PREME NA IMAXE E ESCOITA O PROGRAMA DE RADIO.
Recordamos que podedes escoitar este e outros programas de dous xeitos:
- Na web: https://www.ivoox.com/radiochans-_sw_1_1.html
- Descargando a app "ivoox" no teu móbil ou tablet.
jueves, 16 de septiembre de 2021
3, 2, 1... COMEZAMOS
lunes, 21 de junio de 2021
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN
Ola mouchiños e mouchiñas!
Aquí vos deixo uns libros que penso que vos poden gustar para ler este verán.
Sexan estes ou outros, recoméndovos ler moito para pasar uns ratos divertidos entre chapuzón e chapuzón.
Ao premer na seguinte imaxe poderás ver unhas estreliñas azuis en movemento. Fai clic en cada unha delas para saber de que vai cada conto.
Bo verán!
Apertiñas,
Mouchán
domingo, 6 de junio de 2021
CONTACONTOS CON PAULA CARBALLEIRA!!!
Foi un luxo ter no cole a Paula Carballeira. O alumnado de 2º, 3º e 4º de educación primaria desfrutou dunha sesión de contacontos moi didáctica, amena, divertida e participativa. Por suposto, quedamos con gañas de máis.
Abaixo podedes ver a selección das principais imaxes e algúns dos vídeos nos que apreciaredes que estamos participando e interactuado con ela.
Grazas Paula. Encantaríanos volver a verte no cole en futuras ocasións.
Preme na imaxe, mira os vídeos e volve revivir algúns momentos.
viernes, 21 de mayo de 2021
LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS
jueves, 20 de mayo de 2021
CONTACONTOS CON ANXO FARIÑA
Hai uns días, o alumnado de educación infantil e de 1º, 2º e 3º de educación primaria tivemos a sorte de estar nun contacontos con Anxo Fariña. Desfrutamos moito coas súas historias e coas súas ilustracións.
domingo, 9 de mayo de 2021
CONTACONTOS "MOC MOC"
O pasado luns día 3 estivo con nós no cole o espectáculo de Moc Moc.
Cunha divertidísima posta en escena tivemos a ocasión de coñecer outra versión do clásico conto "O flautista de Hamelín". Entre a divertida historia, o humor e os malabares que puidemos ver, non paramos de rir.
Aquí podedes ver unha mostra das fotos dos mellores momentos.
OS NENOS E NENAS DO COLE CON BRAULIO DOS BOLECHAS!
Esta gravación realizouse o curso pasado, daquela, cando a situación sanitaria era moi distinta á actual. Parece que pasou tanto tempo... de feito, os nosos cativiños e cativiñas xa medraron un montón.
Agora, xa publicado o vídeo, podemos recordar bonitos e divertidos momentos e aprender sobre as cartas e os medios de comunicación.
Premede no enlace e poderedes ver ao alumnado do noso cole no programa de televisión que gravaron con Braulio dos Bolechas.
http://www.crtvg.es/infantil/programas/braulio-tuber/braulio-tuber-iii-116-4746475
























